Aos poucos iremos metendo moitos máis xogos, cancións e enredos. Se queres colaborar - CGEDNL ou enredoscampolongo@ gmail.com

27 de outubro de 2015

Fun ó Mercado



"Fun ao mercado comprar café
veu a formiguiña e picoume no pé,
eu sacudín, sacudín, sacudín;
mais a formiguiña non paraba de subir!
Fun ao mercado comprar champú
veu a formiguiña e picoume no cu,
eu sacudín, sacudín, sacudín;
mais a formiguiña non paraba de subir!
Fun ao mercado comprar azafrán
veu a formiguiña e picoume no man,
eu sacudín, sacudín, sacudín;
mais a formiguiña non paraba de subir!
Fun ao mercado comprar lentellas
veu a formiguiña e picoume nas orellas,
eu sacudín, sacudín, sacudín;
mais a formiguiña non paraba de subir!
Fun ao mercado comprar regaliz
veu a formiguiña e picoume no nariz,
eu sacudín, sacudín, sacudín;
mais a formiguiña non paraba de subir!"

Ningún comentario:

Publicar un comentario